Co pobo brasileiro e contra o golpe, por BNG

Cando hai pouco máis de mes e medio se iniciou o proceso de impeachment contra a presidenta Dilma Rousseff, o Bloque Nacionalista Galego denunciou que estábamos diante dunha maniobra que baixo a…

Cando hai pouco máis de mes e medio se iniciou o proceso de impeachment contra a presidenta Dilma Rousseff, o Bloque Nacionalista Galego denunciou que estábamos diante dunha maniobra que baixo a apariencia de cumprimento da legalidade era realmente un golpe de estado institucional que tiña por obxectivo dar marcha atrás no proceso político porgresista iniciado en 2003.

O pasado día 12 o golpe de estado consumouse, e Dilma Rousseff foi despoxada do cargo de presidenta que lle outorgara o pobo en eleccións. Diante desta situación o BNG volve a facer pública a súa solidariedade co pobo brasileiro, un pobo que enfrentará unha nova e negra etapa na súa historia cun gobenro ilexítimo que recén noemado xa ten anunciado a súa intención de botar por terra moitas das conquistas e melloras conseguidas nestes anos de goberno progresista e de
mudar a súa política internacional alineándose cos inimigos da construción dunha América Latina de países soberanos e solidarios entre si.

O BNG volve reiterar o seu apoio solidario a Dilma Rousseff, ao PT, ao PcdoB e a todas as organizacións sociais que defenden a democracia no Brasil, unha solidariedade que facemos efectiva denunciando publicamente o golpe e divulgando en Galiza a as mobilizacións que se están a producir. 

Galiza, 18 de Maio de 2016
Montserrat Prado Cores
Área de Relacións Internacionais
Bloque Nacionalista Galego

Disponível em PDF. 

PT Cast