Unión do Povo Galego: Solidariedade con Lula e coa esquerda brasileira

A UPG diante desta situación quere mostrar toda a súa solidariedade con Lula, co PT, cos demócratas e coa esquerda brasileira diante deste novo ataque

A condena de Luís Inácio Lula da Silva a nove anos e medio de cárcere non é unha actuación xudicial, é un paso máis n intento de consolidación do golpe de estado institucionalque retirou da presidencia do Brasil a Dilma Rousseff, un golpe posto en marcha pola dereita política e económica brasileiras, golpe enmarcado na estratexia imperialista para trabar os procesos progresistas e revolucionarios que en América Latina plantan cara ao neoliberalismo.

Lula vén de ser  condenado sen que existan probas que o incriminen, pois o obxectivo é acabar con quen é un dos líderes da esquerda no Brasil e representa un xeito distinto de gobernar e un proxecto dun Brasil soberano no que se reduzan as diferenzas sociais. Ademais os golpistas saben que unha hipotética candidatura de Lula á Presidencia do brasil en 2018 sería unha grande ameaza para os seus intereses.

A UPG diante desta situación quere mostrar toda a súa solidariedade con Lula, co PT, cos demócratas e coa esquerda brasileira diante deste novo ataque.

 

Compostela; 14 de xullo de 2017

Secretaría de RR.II. da UPG

PT Cast